Política de seguridade e saúde laboral

A política de prevención de riscos laborais representa un compromiso que debe ser asumido polo máis alto estamento executivo fronte ao colectivo dos traballadores e traballadoras, e da sociedade en xeral. A política preventiva inflúe en todas as actividades e decisións, incluíndo aquelas relacionadas coa asignación de recursos, información, deseño e funcionamento de sistemas de traballo, e o deseño e subministro de produtos e servizos.

Ampliar información >>


Información do Servizo de Prevención de Riscos Laborais

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais para os traballadores da Administración Xeral da Xunta de Galicia créase ó abeiro do Decreto 204/1997, de 24 de xullo, ademais deberán de crear os seus Propios Servizos o SERGAS (Centros Sanitarios) e a Consellería de Educación (Centros Docentes).

Ampliar información >>


Plan de Prevención de Riscos Laborais


A Lei de Prevención de Riscos Laborais, fixa uns principios básicos de actuación en materia de seguridade e saúde laboral que toda organización debe levar a cabo, sendo un obxectivo básico reforzar a necesidade de integrar a prevención de riscos laborais nos sistemas de xestión da empresa.

Ampliar información >>


Novas


Campaña de Vixilancia da Saúde

Ampliar información >>